25 de abril de 2020

PROPOSTA SEMANAL 27/30 Abril

AS PROPOSTAS DESTA SEMANA PARA QUE PRACTIQUEDES UN POUCO DE EXERCICIO NA VOSA CASA. 

PARA OS MÁIS PEQUNENOS, CREO QUE PODE SER UN BO MOMENTO PARA PRACTICAR O BOTE. 
COLLEDE UNHA PELOTA QUE NON FAGA MOITO RUIDO PARA NON MOLESTAR AOS VECIÑOS E VEÑA.... A PRACTICAR, COA MAN DEREITA PRIMEIRO E NON ESQUEZAS PRACTICAR TAMÉN COA MAN ESQUERDA. 
MIRADE A CARLA DA CLASE DE 1ºA. XA EMPEZOU A PRACTICAR.



FENOMENAL CARLA!!!

PARA OS MAIORES DO COLE, UNHA PROPOSTA DE CIRCUITO DIRIXIDA. PREPARADOS PARA 20 MINUTOS DE ACTIVIDADE FÍSICA?
 A TOPE!!!!.
Non vos esquezades quentar ao principio e estirar ao rematar a actividade.

https://www.youtube.com/watch?v=uy5pnX4xAuw

E PARA REMATAR UN POUCO DE IOGA PARA TODOS E TODAS.
ÁNIMO




24 de abril de 2020

PROPOSTA FIN DE SEMANA

CHEGA O GRAN DÍA.
Despóis de tantos días na casa, chega o gran día.
Podemos sair a pasear!!!!
Deixamos algunhas recomendacións:
1. Quenta un pouquiño as articulacións como facemos na clase de E.F.


2. Baixa polas escaleiras(se podes, e mamá e papá están de acordo) para ir quentando motores. 
3. Disfruta do paseo, aproveita para facer diferentes moventos coas diferentes articulacións, sen alonxarte dos teus pais.

4. Cando veñas de volta, pide aos teus pais, para subir polas escaleiras así podes facer un pouco máis de exercicio.
5. Cando chegues a casa, estira un pouco, e xa estás preparado para o paseo do luns. 
XA QUEDA MENOS
ÁNIMO!!!

VISITA O BLOGUE TARTARUGA PILUCA E NON OLVIDES 

SAUDAR NO MURO.

20 de abril de 2020

PROSPOTAS DIVERTIDAS

ESTA SEMANA TEMOS VARIAS PROPOSTAS, UNHA DE IOGA PARA OS MÁIS PEQUENOS.
https://www.youtube.com/watch?v=LOYxOzMUgAY

UNHA PROPOSTA DE BAILE, PARA OS MÁIS BAILONGOS E BAILONGAS.



E UNHA PROPOSTA PARA OS MÁIS CAÑEROS. O vídeo ten unha duración de 20 minutos. Onde se van realizando exercicios nos que se traballan diferentes grupos musculares.
Se realizan 20 repeticiones e se descansan 15 segundos. 
ÁNIMAOS!!!!

https://www.youtube.com/watch?v=T8jI4RnHHf0






14 de abril de 2020

COMBAT KIDS. UNA SESIÓN PARA OS MÁIS MAIORES

Ola rapaces, que tal? como foron as vacacións? Este ano un pouco diferentes, no? Pero aquí seguimos intentando que pasedes un bo momento facendo un pouco de actividade física.
Deixámosvos un enlce a unha actividade de COMBAT KIDS, é unha actividade dirixida por un monitor do ximnasio MÁIS QUE AUGA do complexo deportivo de Barreiro. Dura uns 30 minutos e insina os momentos básicos do COMBAT. 
Animámosvos a que  fagades a sesión en familia.


COMBAT KIDS con XANDRE