20 de diciembre de 2013

XOGOS TRADICIONAIS

Cos alumnos do terceiro ciclo terminamos o trimestre con XOGOS TRADICIONAIS, unha moi boa experiencia practicar os xogos dos nosos pais e avós; a petanca, os trompos,canicas, zancos...
 

9 de diciembre de 2013

EXPRESÁMONOS CO CORPO

Na clase de psicomoticidade cos nenos e nenas de 4 anos, estes días traballamos o movemento e os xestos corporais como medio para expresar sentementos, emocións, estados de ánimo....aquí os deixamos unhas pequenas demostracións.

20 de noviembre de 2013

CAMPIONATO DE BRILÉ

O venres, no recreo, comezou o campionato de BRILE. 
O recreo é un bo momento  para compartir con nosos compañeiros, xogos, esforzo e moita diversión, mirade que ben o pasamos.

30 de octubre de 2013

23 de octubre de 2013

AS NOSAS PRIMEIRAS EXPERIENCIAS

Aquí deixamos unha pequena mostra das nosas primeiras experiencias en psicomotricidade, o pasamos xenial!!!

22 de octubre de 2013

ATLETISMO

No terceiro ciclo comezamos a unidade didáctica de atletismo, veremos un pouquiño de cada especialidade, hoxe traballamos os lanzamentos de peso, deixovos os enlaces que vimos na clase.

Os lanzamentos nas olimpiadas, Londres 2012.

Na clase axudounos moito ver un lanzamento a cámara lenta


14 de octubre de 2013

PILUCA

Os nenos e nenas de Infantil coñecen a nosa mascota PILUCA.                                                     
PREPARADA PARA SAIR  XOGAR

PILUCA

11 de septiembre de 2013

UN NOVO CURSO 2013-14

Comezamos unha nova andaina, con novas propostas e actividades para nosas clases de Educación Física, de xeito que podamos ter un sinfín de experiencias  e aprendizaxes.



Yo hago lo que usted no puede, y usted hace lo que yo no puedo. Juntos podemos hacer grandes cosas.” Madre Teresa de Calcuta

21 de mayo de 2013

ULTIMATE

Hoxe presentamos na clase un novo deporte o ULTIMATE, un deporte no que o arbitro non existe, onde os propios xogadores ponse de acordo na existencia o non de faltas dentro do campo, onde existe un código de nobreza deportiva responsable e honesta.

Deixo uns dos  enlaces que vimos na clase ULTIMATE.

DEPORTES ALTERNATIVOS

DISCOS VOLADORES
Comezamos unha unidade didáctica de deportes alternativos, penso que promete!, xogaremos con indiacas, discos voladores, pelotas xigantes....

INDIACAS





PELOTAS XIGANTES
 


                                      

21 de marzo de 2013

AS NOSAS COREOGRAFÍAS

Despois de moito esforzo, as nosas coreografías de acrosport.   

En 6º , fixemos dous grupos e aquí tedes o resultado. 

Os nenos e nenas de 5º A, atrevéronse  cunha soa coreografía.


E os alumnos de 5º B, demostraronos a súa valía con estas duas coreografías.

17 de marzo de 2013

NA RIOUXA COS NENOS E NENAS DE INFANTIL

Esta semana fixemos a nosa primeira saída ao Parque da Riouxa, o pasamos fenomenal, foi unha boa experiencia, que seguro repetiremos en máis ocasións. Aproveitamos para facer moitísimo exercicio. Mirade que ben o pasamos.

15 de marzo de 2013

O EQUILIBRIO

O EQUILIBRIO é a capacidade para asumir e manter calquera posición do corpo, así como para adoptar posturas correctas do mesmo. Imprescindible para un desenvolvento corporal axeitado dos nosos alumnos/as. 
Importante o seu traballo ao longo de toda a etapa da Educación Primaria.

20 de febrero de 2013

ACROSPORT NO 3º CICLO

Aquí os deixamos alghunas das figuras traballadas na clase.



E as primeiras figuras dos nenos e nenas do 3º Ciclo.

19 de enero de 2013

XOGOS DO MUNDO NO 2º CICLO

Cos XOGOS DO MUNDO pretendemos fomentar os valores de interculturalidade, respeto a diversidade e á non discriminación entre nenos e nenas.
Ademáis pretendemos que todos os nenos e nenas do colexio teñan coñecemento de outras culturas presentes no noso centro.
Deixo un enlace para que coñezades máis xogos.

18 de enero de 2013

COLPBOL

Este mes practicamos COLPBOL, un deporte novo para nos, a experiencia esta sendo moi positiva para todos nos. Click na imaxen para saber un pouco máis.

11 de enero de 2013

O MES DE XANEIRO, O MES DA PAZ

Este mes celébrase o Día Mundial da PAZ, o 30 de Xaneiro. Nos comezamos o mes nas clases de Educación Física facendo xogos cooperativos.

No 3º Ciclo practicamos o COLPBOL. 

 No 2º Ciclo facemos XOGOS DO MUNDO. Comezamos a primeira sesión co:

                  - PAMATOVÁK, xogo da República Checa.



No 1º Ciclo e Infantil xogamos co PARACAÍDAS.