Mostrando entradas con la etiqueta 2º CICLO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2º CICLO. Mostrar todas las entradas

7 de junio de 2020

PROPOSTA SEMANA 8-12 DE XUÑO

Este ano era ANO OLÍMPICO. 

TOKIO 2020. 

PERO POR MOR DA PANDEMIA MUNDIAL OS XOGOS OLÍMPICOS FORON APLAZADOS ATA O  PRÓXIMO ANO 

SERÁ TOKIO 2021.

NOS QUEREMOS CONVERTERNOS EN 

GRANDES ATLETAS OLÍMPICOS 

E IMOS COMEZAR OS NOSOS PEQUENOS RETOS






Para visualizar mellor os retos ,clica na pestana para expandir o documento dos super heroes. 
Abaixo á dereita, as dúas frechiñas.



DEIXÁMOSVOS UNHA SOPA DE LETRAS DE DEPORTES OLÍMPICOS

(PREME PARA AMPLIAR A PANTALLA)

                              

PODEDES ENVIAR ALGUNHA FOTO REALIZANDO ESTOS RETOS A

tartarugapiluca@gmail.com

ÁNIMO

E LEMBRADE VISITAR  O BLOGUE DA... 


...E SAUDAR NO MURO.





18 de abril de 2018

BADMINTON +

ESTE ANO O ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA PARTICIPOU NO PROGRAMA DE BADMINTON +,  DESPOIS DUNHAS XORNADAS DE FORMACIÓN NO COLE, PARTICIPAMOS XUNTO CON OUTROS COLES DA ZONA EN VARIAS COMPETICIÓNS.

ALGUNHOS DOS NOSOS EQUIPOS FORON PASANDO ELIMINATORIAS. 
OS RESULTADOS FORON MOI POSITIVOS.

ESTAS ACTIVIDADES NOS ACERCARON AO MUNDO DO BADMINTON A MANS DE JUAN O PROFE DE E.F DO IES DE TEIS E A LABOR IMPORTANTÍSIMA DE JORGE.
AGRADECER A SÚA DEDICACIÓN E ESFORZO DENDE A NOSA ÁREA.
DEIXAMOS UNHAS FOTOS DESAS XORNADAS.

RECORDADE OS VENRES DE 16.00 A 17.30 H. NO PAVILLÓN DO COLE TEDES A ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR DIRIXIDA POR JORGE.
ANIMÁDEVOS


8 de febrero de 2018

16 de marzo de 2016

ACTIVIDADE COLPBOL





Como xa sabedes, seguimos fomentando os recreos activos. Nas próximas semanas  comezaremos cun novo campionato nos recreos.
Pica na imaxen e xogo co COLPBOL

30 de noviembre de 2015

CHANO RODRÍGUEZ

A SEMANA PASADA VISITOUNOS CHANO RODRÍGUEZ UN ATLETA PARALÍMPICO. APRENDIMOS MOITÍSIMAS COUSAS DO ESFORZO, DO TRABALLO E DA CONSTANCIA. GUSTOUNOS PASAR ESTE RATO CONTIGO CHANO. MOITAS GRACIAS E SORTE NO TEU FUTURO.
CHANO RODRÍGUEZ

2 de octubre de 2015

YOGA NAS CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA

Este ano comezamos unha nova experiencia. O YOGA nas clases de Educación Física. Algúns dos beneficios que  consiguen os nenos/as coa práctica do yoga son:
1- Mellora na maduración e destreza dos músculos motores.
2- Flexibilidade nas articulacións.
3- Mellora nos hábitos posturais da columna vertebral.
4- Masaxe nos órganos internos.
5- Melloría nos hábitos da respiración.
6- Estimulación da circulación sanguínea.
7- Melloría da autoestima.
8- Baixada do nivel de estrés infantil.
9- Perfeccionamento dos sentidos.
10- Axilidade e entereza.
11- Calma e relaxación.
12- Estiramento.
10- Mellora da atención, concentración, memoria e imaxinación.
11- Armonización da personalidade e do carácter. 

12- Mellora na comprensión e interacción cos demáis.

Por todo elo consideramos que pode axudar a favorecer o desenvolvemento armónico dos nosos alumnos/as. Importante para acadar os obxectivos da nosa área.

Ao longo do curso incluiremos diferente enlaces para que podades traballar na casa e vexades a nosa evolución. 
Os nosos primeiros pinitos no mundo do yoga.
 











24 de febrero de 2015

TORNEO BADMINTON




O próximo venres 27 de Febreiro no recreo remata o Campionato de Badminton.

Xogarán a final:

 A parella formada por Lucas e Marta contra Kevin e Luna.

E a semifinal:

A parella formada por Xoel e  Uxía contra Diego  e Carla.

Quedades todos convidados a esta gran final e semifinal.

 Dende aqui destacar a gran participación do alumnado no campionato e o xogo limpo desenrrolado por todos vos.

Grazas.


31 de octubre de 2014

TAEKWONDO

Así comezamos o curso, cunha exhibición de SABELA (antigüa alumna do centro) acompañada dalgúns dos seus compañeiros de equipo. 

 


MOITAS GRAZAS, O PASAMOS XENIAL E APRENDIMOS UN MONTÓN DE COUSAS.

20 de noviembre de 2013

CAMPIONATO DE BRILÉ

O venres, no recreo, comezou o campionato de BRILE. 
O recreo é un bo momento  para compartir con nosos compañeiros, xogos, esforzo e moita diversión, mirade que ben o pasamos.

21 de mayo de 2013

DEPORTES ALTERNATIVOS

DISCOS VOLADORES
Comezamos unha unidade didáctica de deportes alternativos, penso que promete!, xogaremos con indiacas, discos voladores, pelotas xigantes....

INDIACAS





PELOTAS XIGANTES
 


                                      

19 de enero de 2013

XOGOS DO MUNDO NO 2º CICLO

Cos XOGOS DO MUNDO pretendemos fomentar os valores de interculturalidade, respeto a diversidade e á non discriminación entre nenos e nenas.
Ademáis pretendemos que todos os nenos e nenas do colexio teñan coñecemento de outras culturas presentes no noso centro.
Deixo un enlace para que coñezades máis xogos.

18 de noviembre de 2012