20 de noviembre de 2016

PATINAXE EN LIÑA NA CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA

ESTE ANO COMEZAMOS O CURSO CON PATINAXE. 
OS MEMBROS DO EQUIPO DE PATINAXE CON ANXO ALUMNO DE 5º DE PRIMARIA MOSTRÁRONNOS TODAS AS SUAS HABILIDADES, E ANIMÁRONNOS A PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES DE PATINAXE QUE SE REALIZAN OS LUNS DE 16.00-17.00 HORAS NO PAVILLÓN DO NOSO COLE. MIRADE QUE BEN O FAN. 

16 de marzo de 2016

ACTIVIDADE COLPBOL





Como xa sabedes, seguimos fomentando os recreos activos. Nas próximas semanas  comezaremos cun novo campionato nos recreos.
Pica na imaxen e xogo co COLPBOL

12 de marzo de 2016

ACROSPORT

Nas clases de Educación Física tamén traballamos a cooperación. Todos somos pezas moi importantes para a consecución dos nosos obxectivos.
Os alumn@s de 5º e 6º traballaron acrobacias grupais. Construiron motísimas pirámides grazas ao traballo dos portores, os áxiles e os axudantes. 
 

3 de marzo de 2016

RECREOS ACTIVOS. COLPBOL

Comeza o campionato de COLPBOL.
Recordade que comezamos un novo campionato nos recreos. Os que queirades participar podedes apuntaros no taboleiro do ximnasio.
Deixo unha pequena información sobre o reglamento do COLPBOL, por si o precisades.

17 de febrero de 2016

A VOLTA A CALMA


A VOLTA Á CALMA NA  SESIÓN DE EDUCACIÓN FÍSCA É UN MOMENTO MOI IMPORTANTE ONDE O ALUMNADO   VOLTARÁ A SITUACIÓN INICIAL DE PULSACIÓNS E ESTADO FÍSICO, PARA SEGUIR COAS SÚAS CLASES.

 É UN MOMENTO DE REFLEXIÓN DA ACTIVIDADE E UN BO MOMENTO PARA O TRABALLO DE CERTOS ASPECTOS MOI IMPORTANTES NO DESENVOLVEMENTO DAS SÚAS CAPACIDADES FÍSICAS.

HOXE TRABALLAMOS AS IMITACIÓNS.  PODEDES VER A SÚA CREATIVIDADE O SEU CONTROL POSTURAL, O EQUILIBRIO , COORDINACIÓN E FLEXIBILIDADE.

IMITACIÓNS EN PRIMEIRO DE PRIMARIA

  IMITACIÓNS POSTURAIS EN SEGUNDO DE PRIMARIA DEIXO UNHA INFOGRAFÍA, CHEGADA DENDE INEVERY CREA MÉXICO, ONDE DAN UNHA SERIE DE CONSELLOS PARA CONSEGUIR A CREATIVIDADE NO ALUMNADO.

31 de enero de 2016

ACROSPORT EN 5º DE PRIMARIA

O ACROSPORT é un deporte acrobático-coreográfico, integrado por tres elementos fudamentais (según Macé(1995)).
 - A formación de figuras o pirámides corporáis.
 - Acrobacias e elementos de forza, flexibilidade e equilibrios como transicións dunhas figuras a outras.
 - E a música, como apoio de toda a coreografía.

Tamén o podemos definir como un deporte sociomotriz, onde sempre contamos cun ou varios compañeiros que sincronizan as súas accións motrices nun espazo determinado, para a realización de figuras o pirámides humanas. Polo tanto, falamos dun deporte eminentemente cooperativo.
 O alumnado de 5º deu os seus primeiros pasos no acrosport. Mirade que ben. Ánimo e a por máis.
ACROSPORT 5º PRIMARIA