Mostrando entradas con la etiqueta 1º CICLO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1º CICLO. Mostrar todas las entradas

7 de junio de 2020

PROPOSTA SEMANA 8-12 DE XUÑO

Este ano era ANO OLÍMPICO. 

TOKIO 2020. 

PERO POR MOR DA PANDEMIA MUNDIAL OS XOGOS OLÍMPICOS FORON APLAZADOS ATA O  PRÓXIMO ANO 

SERÁ TOKIO 2021.

NOS QUEREMOS CONVERTERNOS EN 

GRANDES ATLETAS OLÍMPICOS 

E IMOS COMEZAR OS NOSOS PEQUENOS RETOS






Para visualizar mellor os retos ,clica na pestana para expandir o documento dos super heroes. 
Abaixo á dereita, as dúas frechiñas.



DEIXÁMOSVOS UNHA SOPA DE LETRAS DE DEPORTES OLÍMPICOS

(PREME PARA AMPLIAR A PANTALLA)

                              

PODEDES ENVIAR ALGUNHA FOTO REALIZANDO ESTOS RETOS A

tartarugapiluca@gmail.com

ÁNIMO

E LEMBRADE VISITAR  O BLOGUE DA... 


...E SAUDAR NO MURO.





24 de abril de 2020

PROPOSTA FIN DE SEMANA

CHEGA O GRAN DÍA.
Despóis de tantos días na casa, chega o gran día.
Podemos sair a pasear!!!!
Deixamos algunhas recomendacións:
1. Quenta un pouquiño as articulacións como facemos na clase de E.F.


2. Baixa polas escaleiras(se podes, e mamá e papá están de acordo) para ir quentando motores. 
3. Disfruta do paseo, aproveita para facer diferentes moventos coas diferentes articulacións, sen alonxarte dos teus pais.

4. Cando veñas de volta, pide aos teus pais, para subir polas escaleiras así podes facer un pouco máis de exercicio.
5. Cando chegues a casa, estira un pouco, e xa estás preparado para o paseo do luns. 
XA QUEDA MENOS
ÁNIMO!!!

VISITA O BLOGUE TARTARUGA PILUCA E NON OLVIDES 

SAUDAR NO MURO.

8 de febrero de 2018

17 de febrero de 2016

A VOLTA A CALMA


A VOLTA Á CALMA NA  SESIÓN DE EDUCACIÓN FÍSCA É UN MOMENTO MOI IMPORTANTE ONDE O ALUMNADO   VOLTARÁ A SITUACIÓN INICIAL DE PULSACIÓNS E ESTADO FÍSICO, PARA SEGUIR COAS SÚAS CLASES.

 É UN MOMENTO DE REFLEXIÓN DA ACTIVIDADE E UN BO MOMENTO PARA O TRABALLO DE CERTOS ASPECTOS MOI IMPORTANTES NO DESENVOLVEMENTO DAS SÚAS CAPACIDADES FÍSICAS.

HOXE TRABALLAMOS AS IMITACIÓNS.  PODEDES VER A SÚA CREATIVIDADE O SEU CONTROL POSTURAL, O EQUILIBRIO , COORDINACIÓN E FLEXIBILIDADE.

IMITACIÓNS EN PRIMEIRO DE PRIMARIA

  IMITACIÓNS POSTURAIS EN SEGUNDO DE PRIMARIA DEIXO UNHA INFOGRAFÍA, CHEGADA DENDE INEVERY CREA MÉXICO, ONDE DAN UNHA SERIE DE CONSELLOS PARA CONSEGUIR A CREATIVIDADE NO ALUMNADO.

30 de noviembre de 2015

CHANO RODRÍGUEZ

A SEMANA PASADA VISITOUNOS CHANO RODRÍGUEZ UN ATLETA PARALÍMPICO. APRENDIMOS MOITÍSIMAS COUSAS DO ESFORZO, DO TRABALLO E DA CONSTANCIA. GUSTOUNOS PASAR ESTE RATO CONTIGO CHANO. MOITAS GRACIAS E SORTE NO TEU FUTURO.
CHANO RODRÍGUEZ

22 de noviembre de 2015

XOGAMOS CO PARACAÍDAS

 O alumnado de primeiro e segundo de primaria siguen traballando o esquema corporal, esta semana utilizamos o paracaídas que ademáis permítenos traballar de modo cooperativo e permite unha alta participación.


17 de noviembre de 2015

A PERCEPCIÓN CORPORAL

En 1º e 2º de Primaria traballamos a percepción corporal, a través do traballo de control corporal e imitacións.
O xogo chámase PEGAR FIGURAS. Os alumnos en parellas. Un deles adopta unha postura e o outro ten que imitarlo. Ademáis do traballo de percepción corporal, o alumnado e o protagonista do seu propio aprendizase, vai probando e investigando diferentes posicións, que lle permite tomar conciencia do seu propio corpo.
A PERCEPCIÓN DO NOSO CORPO

2 de octubre de 2015

YOGA NAS CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA

Este ano comezamos unha nova experiencia. O YOGA nas clases de Educación Física. Algúns dos beneficios que  consiguen os nenos/as coa práctica do yoga son:
1- Mellora na maduración e destreza dos músculos motores.
2- Flexibilidade nas articulacións.
3- Mellora nos hábitos posturais da columna vertebral.
4- Masaxe nos órganos internos.
5- Melloría nos hábitos da respiración.
6- Estimulación da circulación sanguínea.
7- Melloría da autoestima.
8- Baixada do nivel de estrés infantil.
9- Perfeccionamento dos sentidos.
10- Axilidade e entereza.
11- Calma e relaxación.
12- Estiramento.
10- Mellora da atención, concentración, memoria e imaxinación.
11- Armonización da personalidade e do carácter. 

12- Mellora na comprensión e interacción cos demáis.

Por todo elo consideramos que pode axudar a favorecer o desenvolvemento armónico dos nosos alumnos/as. Importante para acadar os obxectivos da nosa área.

Ao longo do curso incluiremos diferente enlaces para que podades traballar na casa e vexades a nosa evolución. 
Os nosos primeiros pinitos no mundo do yoga.
 











26 de febrero de 2015

DESPEDIDAS

Esta semena atopámonos un pouco tristes, 3 dos nosos compañeiros  deixannos, Angel e Hugo de 2º, e  Daniela da clase dos Picapedra. Os deixamos algúns  momentos na clase de Educación Física. (Moitas Gracias, Jose pola montaxe).




 MOITA SORTE PARA OS TRES E AS SÚAS FAMILIAS EN ESTA NOVA ETAPA.

20 de noviembre de 2013

CAMPIONATO DE BRILÉ

O venres, no recreo, comezou o campionato de BRILE. 
O recreo é un bo momento  para compartir con nosos compañeiros, xogos, esforzo e moita diversión, mirade que ben o pasamos.

15 de marzo de 2013

O EQUILIBRIO

O EQUILIBRIO é a capacidade para asumir e manter calquera posición do corpo, así como para adoptar posturas correctas do mesmo. Imprescindible para un desenvolvento corporal axeitado dos nosos alumnos/as. 
Importante o seu traballo ao longo de toda a etapa da Educación Primaria.

18 de noviembre de 2012