2 de octubre de 2015

YOGA NAS CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA

Este ano comezamos unha nova experiencia. O YOGA nas clases de Educación Física. Algúns dos beneficios que  consiguen os nenos/as coa práctica do yoga son:
1- Mellora na maduración e destreza dos músculos motores.
2- Flexibilidade nas articulacións.
3- Mellora nos hábitos posturais da columna vertebral.
4- Masaxe nos órganos internos.
5- Melloría nos hábitos da respiración.
6- Estimulación da circulación sanguínea.
7- Melloría da autoestima.
8- Baixada do nivel de estrés infantil.
9- Perfeccionamento dos sentidos.
10- Axilidade e entereza.
11- Calma e relaxación.
12- Estiramento.
10- Mellora da atención, concentración, memoria e imaxinación.
11- Armonización da personalidade e do carácter. 

12- Mellora na comprensión e interacción cos demáis.

Por todo elo consideramos que pode axudar a favorecer o desenvolvemento armónico dos nosos alumnos/as. Importante para acadar os obxectivos da nosa área.

Ao longo do curso incluiremos diferente enlaces para que podades traballar na casa e vexades a nosa evolución. 
Os nosos primeiros pinitos no mundo do yoga.
 











25 de septiembre de 2015

COMEZAMOS UN NOVO CURSO

OS NENOS E NENAS DE SAN SALVADOR COMEZAMOS UN NOVO CURSO CON MOITAS GAÑAS E ILUSIÓN.MIRADE O BEN QUE O PASAN OS NENOS DA CLASE DOS PIRATAS.

COMEZAMOS UN NOVO CURSO

26 de febrero de 2015

DESPEDIDAS

Esta semena atopámonos un pouco tristes, 3 dos nosos compañeiros  deixannos, Angel e Hugo de 2º, e  Daniela da clase dos Picapedra. Os deixamos algúns  momentos na clase de Educación Física. (Moitas Gracias, Jose pola montaxe).




 MOITA SORTE PARA OS TRES E AS SÚAS FAMILIAS EN ESTA NOVA ETAPA.

24 de febrero de 2015

TORNEO BADMINTON




O próximo venres 27 de Febreiro no recreo remata o Campionato de Badminton.

Xogarán a final:

 A parella formada por Lucas e Marta contra Kevin e Luna.

E a semifinal:

A parella formada por Xoel e  Uxía contra Diego  e Carla.

Quedades todos convidados a esta gran final e semifinal.

 Dende aqui destacar a gran participación do alumnado no campionato e o xogo limpo desenrrolado por todos vos.

Grazas.


COREOGRAFÍAS ACROSPORT DE 6º

 


Aquí deixamos as dous coreografías dos nosos alumnos de 6º de Primaria.