16 de marzo de 2016

ACTIVIDADE COLPBOL





Como xa sabedes, seguimos fomentando os recreos activos. Nas próximas semanas  comezaremos cun novo campionato nos recreos.
Pica na imaxen e xogo co COLPBOL

12 de marzo de 2016

ACROSPORT

Nas clases de Educación Física tamén traballamos a cooperación. Todos somos pezas moi importantes para a consecución dos nosos obxectivos.
Os alumn@s de 5º e 6º traballaron acrobacias grupais. Construiron motísimas pirámides grazas ao traballo dos portores, os áxiles e os axudantes. 
 

3 de marzo de 2016

RECREOS ACTIVOS. COLPBOL

Comeza o campionato de COLPBOL.
Recordade que comezamos un novo campionato nos recreos. Os que queirades participar podedes apuntaros no taboleiro do ximnasio.
Deixo unha pequena información sobre o reglamento do COLPBOL, por si o precisades.

17 de febrero de 2016

A VOLTA A CALMA


A VOLTA Á CALMA NA  SESIÓN DE EDUCACIÓN FÍSCA É UN MOMENTO MOI IMPORTANTE ONDE O ALUMNADO   VOLTARÁ A SITUACIÓN INICIAL DE PULSACIÓNS E ESTADO FÍSICO, PARA SEGUIR COAS SÚAS CLASES.

 É UN MOMENTO DE REFLEXIÓN DA ACTIVIDADE E UN BO MOMENTO PARA O TRABALLO DE CERTOS ASPECTOS MOI IMPORTANTES NO DESENVOLVEMENTO DAS SÚAS CAPACIDADES FÍSICAS.

HOXE TRABALLAMOS AS IMITACIÓNS.  PODEDES VER A SÚA CREATIVIDADE O SEU CONTROL POSTURAL, O EQUILIBRIO , COORDINACIÓN E FLEXIBILIDADE.

IMITACIÓNS EN PRIMEIRO DE PRIMARIA

  IMITACIÓNS POSTURAIS EN SEGUNDO DE PRIMARIA DEIXO UNHA INFOGRAFÍA, CHEGADA DENDE INEVERY CREA MÉXICO, ONDE DAN UNHA SERIE DE CONSELLOS PARA CONSEGUIR A CREATIVIDADE NO ALUMNADO.

31 de enero de 2016

ACROSPORT EN 5º DE PRIMARIA

O ACROSPORT é un deporte acrobático-coreográfico, integrado por tres elementos fudamentais (según Macé(1995)).
 - A formación de figuras o pirámides corporáis.
 - Acrobacias e elementos de forza, flexibilidade e equilibrios como transicións dunhas figuras a outras.
 - E a música, como apoio de toda a coreografía.

Tamén o podemos definir como un deporte sociomotriz, onde sempre contamos cun ou varios compañeiros que sincronizan as súas accións motrices nun espazo determinado, para a realización de figuras o pirámides humanas. Polo tanto, falamos dun deporte eminentemente cooperativo.
 O alumnado de 5º deu os seus primeiros pasos no acrosport. Mirade que ben. Ánimo e a por máis.
ACROSPORT 5º PRIMARIA

21 de diciembre de 2015

VISITA SORPRESA


O XOVES TIVEMOS UNHA GRAN SORPRESA, HUGO VEU VISITARNOS. O PASAMOS XENIAL XOGANDO OUTRA VEZ CON EL.

10 de diciembre de 2015

PSICOMOTRICIDADE CON GLOBOS EN EDUCACIÓN INFANTIL


NA ETAPA DE EDUCACIÓN INFANTIL  EXPERIMENTAMOS CO MULTITUDE DE MATERIAL, EN PSICOMOTRICIDADE APRENDEMOS A PERCIBIR O NOSO CORPO, O CORPO DOS NOSOS COMPAÑEIROS, O ESPAZO QUE NOS RODEA,... E TODO ELO SEMPRE TENDO EN CONTA A VARIEDADE DE MATERIAL QUE PODEMOS EMPREGAR NO XIMNASIO, UN  ESPAZO MAÍS AMPLO QUE A AULA.