11 de marzo de 2014

TRABALLAMOS AS HABILIDADES

OS NENOS E NENAS DA CLASE DOS PITIÑOS

Os circuito permítenos traballar moitas habilidades en moi pouco espazo.Ademáis de ser unha actividade moi dinámica e estimulante para os alumnos/as.
Os deixamos algunhas fotos para que nos vexades.


CIRCUITO DE HABILIDADES 

10 de marzo de 2014

BADMINTON

Comezamos unha nova unidade didáctica. O BADMINTON.
 No 3º Ciclo temos unha boa coordinación, que nos permite desenvolver xogos e deportes con implemento, individual o en parella de xeito adecuado.

Aquí os deixo uns enlaces do que veremos nas clases, para que sirva de afianzamento e recordo de todo o aprendido.
Xogamos ao BADMINTON. (CLICK NA IMAXEN)  


21 de febrero de 2014

PROXECTO 3S


No centro comezamos cun PROXECTO SOLIDARIO 3 S (San Salvador Solidario), esperámoste no centro o martes 25 de Febreiro.

17 de febrero de 2014

TRABALLO COOPERATIVO

O traballo cooperativo na área de Educación Física, ocupa un lugar moi importante. Unha das actividades máis esperadas polos nosos alumnos e alumnas do 3º Ciclo é o acrosport, disciplina deportiva que ademáis do traballo de equilibrio, forza, e flexibilidade ten un gran caracter cooperativo. Aqui deixamos alguhas das nosas figuras.

20 de diciembre de 2013

XOGOS TRADICIONAIS

Cos alumnos do terceiro ciclo terminamos o trimestre con XOGOS TRADICIONAIS, unha moi boa experiencia practicar os xogos dos nosos pais e avós; a petanca, os trompos,canicas, zancos...
 

9 de diciembre de 2013

EXPRESÁMONOS CO CORPO

Na clase de psicomoticidade cos nenos e nenas de 4 anos, estes días traballamos o movemento e os xestos corporais como medio para expresar sentementos, emocións, estados de ánimo....aquí os deixamos unhas pequenas demostracións.

20 de noviembre de 2013

CAMPIONATO DE BRILÉ

O venres, no recreo, comezou o campionato de BRILE. 
O recreo é un bo momento  para compartir con nosos compañeiros, xogos, esforzo e moita diversión, mirade que ben o pasamos.